Basanta &tarrio
 
MATERIAS E AREAS DE TRABALLO:
Somos un despacho xove e dinámico especializado nas diversas áreas do dereito actual, para dese xeito conseguir ofrecer ós nosos clientes os mellores coñecementos, poñéndoos á súa enteira disposición dende o momento que deciden outorgarnos a súa confianza, ben sexa tanto a particulares como empresas, e incluso Administracións Públicas. É por elo polo cal nos consideramos un despacho altamente cualificado e con unha formación multidisciplinar que nos permite atender coas maiores garantías as súas necesidades concretas, sexa cal sexa o asunto que nos encomende. Sen embargo, aínda que o noso despacho ten vocación xeneralista e o noso estudio e coñecemento abarca a tódalas esferas xurídicas, hai determinadas actuacións nas que estamos particularmente especializados.
 
CIVIL:
O Dereito Civil é a rama do Dereito que está máis presente na nosa vida cotiá, tendo en conta que é o que rixe as relacións privadas entre as persoas, e que non en poucas ocasións se erixe en fonte de conflicto, que necesita o asesoramento e apoio de profesionais que poidan orientalo mellor á hora de defender os seus dereitos, e dende o noso despacho podemos brindarlle unha axuda persoalizada en tódolos ámbitos que regula o Dereito Civil, tales como:                                          

    Dereito de Familia: No noso Despacho estamos especializados en todo tipo de conflictos matrimoniais, ofrecéndolles unha relación estreita e continuada e asesorándoos de forma cualificada e estrictamente confidencial para levar a cabo a súa separación, divorcio, nulidade matrimonial ou liquidación da sociedade de gananciais, así como a redacción dos pertinentes convenios reguladores e reclamacións de impago de pensións e modificacións de medidas, todo elo da maneira que máis conveña ós seus intereses e que resulte menos gravosa e traumática para a súa familia. Porque en B & T  Avogados atopará esa terapéutica xurídica sempre imprescindible en tódalas crises matrimoniais.
Do mesmo xeito, poderá contar con un despacho especializado en todo tipo de incapacitacións, tutelas, curatelas, prodigalidade, e de maneira especial en todo o referido á filiación e ás reclamacións de paternidade, materia na que atopará un asesoramento da máxima calidade debido á dilatada formación e experiencia adquiridas neste campo.
*   Separación e divorcio.
Dende o momento en que vostede considere que o seu matrimonio está finalizado e decida consultarnos recibirá un trato totalmente cercano e persoalizado, axudándolle a adoptar as solucións máis efectivas e rápidas para enfrontarse a un procedemento de separación ou divorcio, tanto de mutuo acordo como de xeito contencioso, recibindo o mellor asesoramento na materia, podendo incluso optar se prefire ser atendido por un avogado ou por unha avogada, e buscando sempre a súa máxima satisfacción en todo o concerniente á garda e custodia dos fillos e o réxime de visitas, a pensión compensatoria, pensión de alimentos ós fillos, o uso e disfrute da vivenda conxugal e a extinción do réxime económico de gananciais.
    Dereito de Sucesións: Constitúe ésta unha das nosas maiores especialidades, e dende o noso despacho axudarémolos a realizar tódolos trámites que conleva o outorgamento do testamento, asesorándoos da mellor maneira co fin de deixar determinadas de forma axustada a Dereito as súas últimas vontades, facéndolles coñecer de xeito detallado qué é o que poden e non poden facer á hora de outorgar o seu testamento.
Do mesmo xeito, asistirémolos á hora de realizar calquera declaración de heredeiros e afrontar a apertura da herencia de calquera familiar falecido, ben sexa no caso dunha sucesión testamentaria, ben sexa no caso de que non se teña outorgado testamento, así como asesoralos acerca do máis convinte  á hora de aceptar unha herencia ou de impugnar un testamento que entendamos que non se axusta á legalidade, ben sexa pola vulneración das lexítimas ou por calqueira outro tipo de incidencia.
Asimesmo, ocupámonos de axudalos a recabar tódolos documentos necesarios neste ámbito e de realizar tódalas operacións particionais a fin de liquidar os bens hereditarios unha vez determinados os heredeiros, tando de mutuo acordo polos heredeiros como xudicialmente, así como de cumplir coas esixencias fiscais e realizar a liquidación do Imposto de Sucesións e tódalas inscripcións nos Rexistros Públicos correspondentes.
    Obrigas e contratos: Atopámonos á súa disposición para a redacción, interpretación, regulación, nulidade e rescisión de todo tipo de contratos civís, así como asesoralos en tódalas incidencias que se poidan plantexar con respecto ós mesmos, para a súa resolución extraxudicial ou perante os órganos xudiciais respectivos. Resultan especialmente trascendentes nesta materia os conflictos inmobiliarios, relativos tanto á compraventa como ós arrendamentos e todo tipo de bens inmobles, e dentro desto último, os procedementos xudiciais de desahucio por impago de rendas por parte do inquilino.
Como mención aparte, tamén nos facemos cargo de todo o relativo ó réxime de propiedade horizontal das comunidades de veciños.
    Reclamacións de cantidade: No noso despacho encargámonos de velar polos seus intereses e de realizar as pertinentes reclamacións de calqueira tipo de deudas que teñan pendentes ou de indemnizacións por todo tipo de danos ou perxuicios que poidan sufrir, ben sexa por accidentes de tráfico, neglixencias médicas ou de calquera outro tipo de profesionais, ou pola manifestación de calquera tipo de desperfectos tanto na construcción como en calquera outro ámbito da vida.
Do mesmo xeito, ocupámonos tamén de defendelo en ditas reclamacións no caso de que vostede sexa o demandado, tanto en procedimientos ordinarios como verbais, monitorios, arbitrais e de negociación extraxudicial, así como calquera reclamación de cantidade neutros ámbitos do Dereito, como o Penal, Laboral, ou reclamacións contra as Administracións por responsabilidade patrimonial.
* Accidentes de tráfico
Dentro do noso traballo máis habitual está o asesorar e defender ós clientes que se teñan visto envoltos en calquera problema derivado dun accidente de tráfico, como os casos nos que as aseguradoras, como sucede en numerosas ocasións, buscan o cobro das primas dos seus seguros, poñendo obstáculos á hora de facer fronte ás obligacións contraídas cos seus asegurados cando se produce un sinistro, como á hora de valorar un automóvil sinestrado. De igual xeito, ocupámonos de todo tipo de reclamacións contra a compañía contraria cando se discute a culpabilidade dun accidente de circulación, e as relativas ás indemnizacións tanto por danos materiais como por danos persoais.
* Neglixencias profesionais
Cando en virtude de calquera tipo de intervención médica ou doutro tipo de profesionais sexa vostede víctima dun dano que non está obrigado a soportar, nós proporcionámoslle a nosa asistencia legal da maneira máis axeitada, para acadar a reparación do dano sufrido, ou para conseguirlle as pertinentes indemnizacións económicas cando as consecuencias da intervención do profesional deveñen en irreparables, ben sexa porque se danen órganos que non son susceptibles de recuperar, por exemplo, porque a técnica empregada polo facultativo non sexa a correcta, ou a situación do paciente esixa dunha actuación inmediata e que non se produza dita inmediatez, elo no caso das neglixencias médicas.
A nosa maneira de proceder á hora de sopesar a posibilidade de proceder con unha reclamación por actuacións defectuosas é sempre someter o caso á opinión dos profesionais asesores de que dispoñemos, os cales emiten un informe previo acerca da viabilidade da reclamación, antes de vernos inmersos en calquera procedemento xurídico que non ofreza unhas garantías suficientes de éxito, ben sexa en vía civil, penal ou contencioso-administrativa.
* Renegociación de débedas
Na defensa dos intereses dos nosos clientes inservimos tanto en vía xudicial, persoándonos e opoñéndonos a demandas presentadas contra eles, como en vía extraxudicial, negociando cos acreedores vías de solución aceptables para ambas partes, que eviten os perxuicios e a inseguridade de entablar un proceso xudicial. Ademáis, axudámolos en resolucións de embargos e subastas xudiciais, así como a renegociación de todo tipo de débedas tanto coas Administracións Públicas como con Facenda, a Seguridade Social e Concellos.
    Dereitos Reais: Dentro deste ámbito ocupámonos de todo o relativo á propiedade e ós dereitos e facultades que ésta leva aparellada. Deste xeito, poderémoslle resolver tódolos problemas relativos á adquisición da propiedade nas súas distintas formas, ben sexa por compraventa, usucapión ou posesión continuada a título de dono, por retracto e tódolos demáis modos de adquisición, así como nos ocupamos do relativo ás comunidaes de bens, propiedades especiais, servidumes, usufructos e demáis dereitos reais regulados no noso ordeamento.
 
LABORAL E SEGURIDADE SOCIAL:
    O Dereito laboral constitúe unha das principias áreas de traballo do noso despacho, sendo unha parte fundamental no servicio de asesoramento xurídico-económico integral que ofrecemos ós nosos clientes como nota diferenciadora do despacho dentro ámbito do asesoramento legal. Para elo, buscamos coñecer tódalas institucións da disciplina, as súas técnicas e sobre todo a aplicación práctica dentro das empresas, porque tanto traballadores como empresarios enfróntanse tódolos días a situacións que moitas veces esixen do asesoramento de profesionais especializados en Dereito Laboral, con unha labor de orientación e prevención. Porque o noso asesoramento engloba as diferentes áreas do Dereito do Traballo e da Seguridade Social, así como a prevención de riscos laborais, materia na que puntualmente coidamos a nosa preparación.
    Resulta vital para o empresario e para o traballador, antes de suscribir un contrato de traballo, que se informen sobre cáles son os seus dereitos e obrigas relativos ó salario, vacacións e descansos, e normativa sobre prevención de riscos laborais, ademáis de moitas outras cuestións en función do caso concreto, asesoramento que pode continuar durante a relación laboral en función dos conflictos que poidan xurdir, incluído o mobbing ou acoso laboral, e á finalización de dita relación, onde buscamos para os nosos clientes obter o máximo beneficio posible, coas maiores indemnizacións posibles no caso do traballador, ou intentar aforrar os máximos custos posibles no caso do empresario, tanto en supostos de despido por vontade do empresario como en despidos disciplinarios, dimisión do traballador, etcétera.
* Prevención de riscos e accidentes laborais.
    Dende o noso despacho prestamos un coidado asesoramento en materia de prevención de riscos laborais, tanto no relativo ó control do cumplimento pola empresa da normativa de seguridade e saúde laboral, como á asistencia no procedemento sancionador derivado do incumprimento da normativa sobre a materia.
    Porque moitos dos traballos esixen actividades arriscadas que requiren o sometemento a unhas normas de seguridade co fin de protexer a saúde e a integridade física do traballador, e o empresario é quen debe poñer a disposición déste os medios necesarios e obrigar ó traballador a observar esas medidas de seguridade e a indemnizalo polo perxuicios que se lle pudieran ocasionar cando un accidente non poida evitarse.
* Seguridade Social
    É moi frecuente que calquera traballador aqueixado dunha determinada enfermidade ou que houbera sofrido calquera tipo de accidente atopen problemas á hora de conseguir da Seguridade Social a correspondente invalidez ou incapacidade en calquera das súas modalidades, é por elo que constitúe unha das prioridades do noso despacho efectuar todo tipo de reclamacións contra a Seguridade Social nestas materias, asesorándoos de forma preventiva sobre os requisitos e posibilidades de conseguir dita incapacidade, colaborando ademáis con equipos médicos que nos realizan os seus informes a fin de entablar ditas reclamacións coas máximas garantías.
 
DEREITO PENAL:
    Constitúe ésta unha das áreas que esixe maior adicación pola nosa parte, cando calquera cliente se ve involucrado na comisión dun delito ou unha falta, ben sexa como víctima ou como acusado, pois elo supón unha afectación ós bens máis fundamentais da persoa.
    Deste xeito, no noso despacho invertimos tódolos nosos recursos á hora de asumir a súa defensa cando se vexa como imputado na comisión de calquera delito ou falta, asistíndoo tanto policial como xudicialmente, e igualmente se vostede é a parte acusadora, ben sexa como acusación particular mediante querela, ben por medio de denuncia, cando desexe poñer en coñecemento da autoridade policial ou xudicial a comisión de calquera feito constitutivo de delito ou falta, esixindo se vostede o desexa as correspondentes indemnizacións civís, defendéndoo e asistíndoo durante todo o procedemento de instrucción en sede penal, ben sexa nun procedemento sumario, abreviado, xuicio rápido, ou con xurado, contando cunha esmerada preparación tanto en procedementos por episodios de violencia doméstica como de menores.
    Ademáis, concedemos especial importancia á fase de execución da sentencia e a aplicación do Dereito penitenciario, xa que as expectativas do cliente van máis alá do obxetivo dunha sentencia favorable, que no caso de ser condenatoria, permítenos a vía de solicitar a suspensión da execución da pena, a sustitución por outra medida, ou a petición de indulto, e no caso de chegar a ingresar en prisión, poder conseguir o terceiro grado penitenciario, coa conseguinte liberdade condicional, os permisos de saída, e todo o demáis que poida favorecer ó noso cliente.
 
EXTRANXEIRÍA:
    Asumimos calqueira encargo relacionado coa tramitación dos máis diversos asuntos relativos ó Dereito de extranxeiría, como autorizaicións de traballo e residencia, as importantes solicitudes de arraigo, renovacións de todo tipo de autorizacións, solicitudes de asilo, reagrupacións familiares e todo tipo de visados, así como alegacións e recursos en expedientes de expulsión de estranxeiros que se atopen no noso país en situación de estancia ilegal.
 
ADMINISTRATIVO:
    Existen ocasións nas que, como consecuencia da actividade das diferentes Administracións, se producen situacións ilexítimas, e para restablecer a legalidade infrinxida é preciso formular reclamacións ou recursos administrativos, mentras que en ocasións a reclamación consiste en que se nos conceda un dereito, ben sexa unha licencia, unha concesión ou unha subvención, entre outros, ou tamén cando se nos impoñen sancións totalmente inxustas ou incluso desproporcionadas, así como cando se nos causa calqueira tipo de dano ou perxuicio, ante o cal podemos efectuar unha reclamación por responsabilidade patrimonial. Porque a menudo as decisións que se toman por parte da Administración son adoptadas de xeito arbitrario ou inxusto, ou incluso de forma involuntaria mediante omisións, pero vendo lesionados os seus dereitos e intereses tanto empresas como particulares.
    Ditas reclamacións administrativas, como sucede na maioría dos casos, son desestimados aínda que estean plenamente xustificadas, polo que nos queda a alternativa de acudir ós Tribunais e plantexar un recurso contencioso-administrativo, acudindo así a un procedemento onde contamos coas máximas garantías.
* Tráfico e alcoholemias
    En B & T  Avogados encontrará o axeitado asesoramento para recurrir as súas multas, tanto de aparcamento como por exceso de velocidade, así como a comisión de calquera outra infracción das recollidas na normativa vixente, realizando os recursos máis axeitados en cada caso concreto. Ademáis, velamos polos importantes intereses que se poden ver afectados nos procedementos de alcoholemia, ben sexa en vía administrativa ou, cando a infracción é moi grave, en vía penal, por delitos contra a seguridade do tráfico.
*  Urbanismo
    É outra das materias nas que os asesoramos dende o noso despacho, tanto á hora de solicitar licencias, recurrir a súa denegación, facer alegacións a calquera recalificación, defendelos en calquera sanción na materia, asesoralos nos trámites necesarios para proceder á urbanización de terreos, expropiacións en materia urbanística, e todo un amplio elenco de figuras que engloban o noso asesoramento neste ámbito.
* Expropiacións
    Constitúe unha das especialidades do noso despacho, pois dende sempre pretendemos unha preparación cualificada nesta materia. Porque cando a Administración decide expropiar calquera tipo de terreo por fins de interés público, tales como a construcción de estradas ou autoestradas, os cidadáns merécense obter polos seus terreos o seu valor real de mercado, e non as ínfimas ofertas que realizan sempre as Administracións nestos casos, moi alonxadas de dito valor de mercado.
    Deste xeito, asesorámolos no que lle pode convir acerca da aceptación ou non do precio proposto pola Administración, e formulámoslle en caso de non aceptación o recurso administrativo correspondente, servíndonos da valoración motivada que nos realizan os nosos peritos, chegando ó Xurado Autonómico de Expropiación, o cal habitualmente dicta resolucións moi xenerosas para os expropiados, que obteñen deste xeito suculentas cantidades, moi alonxadas das ofrecidas pola Administración nun principio, nun prazo relativamente curto de tempo, ó contrario do que a xente acostuma a pensar, devengando ademáis os correspondentes intereses de demora.
 
DEREITO MERCANTIL E ASESORIA XURIDICA:
 
    Dende o noso Despacho asesorámolos á hora de crear a súa propia empresa, como aclararlles as posibles dúbidas que lles poidan xurdir sobra cál sexa a forma xurídica máis axeitada para a súa empresa en función da súa actividade e os seus intereses, indicándolles os requisitos esixidos tanto se desexa ser empresario individual, como se desexa convertirse en Sociedade civil, Limitada, Anónima, Cooperativa ou Limitada Nova Empresa.
 
   Unha vez constituída a súa empresa, son moitas as materias susceptibles do noso asesoramento, tanto no relativo ó funcionamento da súa empresa, acordos sociais, xuntas, fusións ou absorcións, como no relacionado co Dereito Laboral, fiscalidade e impostos, así como lles ofrecemos asesoramento de tódolos demáis aspectos  relacionados co Dereito Mercantil, como a redacción, rescisión ou interpretación dos diversos tipos de contratos mercantiles.
 
TELECOMUNICACIÓNS E PROTECCIÓN DE DATOS:
 
    Unha das materias máis modernas e con menos tradición xurídica, na cal nos preocupamos de instruirnos a fin de poder darlle despostas útiles en todo o relacionado con esta materia, como o comercio electrónico, reclamación en materia de consumidores, protección de datos e demáis aspectos deste ámbito tan pouco estudiado polos profesionais xurídicos.
 
* Protección de datos
    Hoxe en día é importante ter en conta a realidade que no desenrolo de toda actividade empresarial ou de calquera tipo de profesional éstos están obrigados, á hora de recabar datos persoais dos seus clientes, empregados, etcétera, a elaborar ficheiros ou bases de datos, debendo cumprir ademáis as obrigas impostas pola lexislación en materia de protección de datos ós titulares de todos estos ficheiros. É por elo que resulta convinte que vostede dea de alta e rexistre ditos ficheiros, desenrole archivos de seguridade en relación con determinado tipo de datos, e recabe o consentimento dos afectados á hora de ceder tales datos a terceiros, obrigas que, no caso de ser incumpridas, poderían dar lugar a multas que normalmente chegan ata os 600.000 euros (100 millóns de pesetas)
    Para solventar con maior seguridade todas estas esixencias e polo tanto evitar problemas desagradables, no noso despacho asesorámolos nesta materia normalmente tan descoñecida para todos, resolvendo tódolos problemas ou dúbidas que lle poidan xurdir, encargándonos da notificación dos ficheiros á Axencia correspondente, elaboración do documento de seguridade e os contratos máis axeitados para regular as sempre problemáticas cesións de datos a terceiros.
 
IMPOSTOS:
    Parte dos servicios que prestamos refírese ó asesoramento en materia fiscal a empresas e particulares, ben sexa acerca do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas, IVA, Imposto de Sucesións e Doazóns, de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e tódolos demáis recollidos dentro da normativa fiscal. Asimesmo, defendemo-los intereses de tódolos nosos clientes cando se ven inmersos en procedementos tanto de inspección como xudiciais como consecuencia do incumprimento das esixencias fiscais correspondentes.
* Imposto de Sucesións
 
    Un dos impostos que máis quebradeiros de cabeza acostuma a dar ós nosos clientes é o relativo á materia sucesoria, cuia liquidación é obligatoria con independencia do resultado negativo ou positivo que arroxe, e do que nós nos encargamos tanto se nos temos encargado de levar o seu caso á hora de percibir a súa herencia, como se non nos encargamos da mesma pero desexa que nos encarguemos da liquidación e presentación do imposto, pois é unha materia  na que nos especializamos en profundidade e que temos tratado con frecuencia, polo que forma parte da nosa experiencia profesional, ademáis de que se esixe un exhaustivo coñecemento da normativa aplicable, de tódolos documentos que se precisan, dos beneficios i exencións dos cales goza cada suxeito pasivo e da súa aplicación na correspondente liquidación.
 
CONSUMIDORES:
 
    Unha das tarefas que con grande empeño nos gusta realizar é a de velar polos intereses dos consumidores cando os seus dereitos se ven menoscabados, ben sexa por unha mala atención, ou ben porque non vexan cumprido o que con eles se tiña acordado por parte do prestador de servicios de que se trate.
 
MEDIO AMBIENTE:
 
   No noso despacho atopará solución a calquera problema que se lle presente como consecuencia dunha infracción en materia de medio ambiente, ben sexa en vía administrativa ou en vía penal, defendéndoo do xeito máis profesional no caso de sanción ou delito. Ademáis, ofrecémoslle un completo asesoramento en materia de caza e pesca, así como no referente ós animais domésticos e perigosos, acerca do cal existen numerosos requisitos e sancións por incumprimento dos mesmos que habitualmente a xente descoñece.