Basanta &tarrio
 
OS NOSOS CRITERIOS DE ACTUACIÓN:
    En Basanta & Tarrío adicámonos ó asesoramento xurídico integral e perfectamente coordinado que, pese á súa relativa xuventude, ofrece un servicio global que abarca tanto a análise e a planificación como a xestión e a execución de cada un dos casos encomendados, realizando en todo momento un seguimento constante de toda novidade lexislativa ou xurisprudencial que poida servir ó mellor desenrolo da labor encomendada. Para elo, realizamos en primeiro lugar unha intensa tarefa de asesoramento preventivo, co obxeto de evitar as posibles contendas xudiciais e, no caso de vernos obrigados a chegar a xuicio, velamos por garantizar unha posición procesal sólida para o noso cliente, amosando sempre o debido respeto á parte contraria e, por suposto, ó letrado opoñente, así como tódalas regras éticas e deontolóxicas que rixen o exercicio da nosa profesión.
    Naquel suposto no que as circunstancias o permitan, buscamos utilizar instrumentos alternativos para a solución de conflictos, como a negociación ou a mediación, que sustitúen ó proceso xudicial e que pode incluso chegar a discorrer en paralelo con éste, ben sexa para acadar a súa finalización ou para reduci-los intereses en conflicto e poder minorar así os riscos económicos inherentes ó caso, posto que son numerosas as ocasións de levar a cabo unha negociación tendente a acadar un acordo razoable para os nosos clientes, os cales chegan ó noso despacho coa convicción de ter que dilucidar as súas controversias a través dun procedemetno xudicial contencioso como única solución a tal problema.
    Todo elo tendo sempre como premisa a de escoltar con atención ós nosos clientes, comprender o seu entorno e as súas necesidades e traballar con eles na procura das solucións que máis se axusten ós seus intereses a través dunha atención e seguimento persoalizados do caso, sempre coa máxima seriedade.
    Para facilitar dito seguimento, así como a máxima proximidade cos nosos clientes, dispoñemos de duas sedes físicas do noso despacho situadas en dúas zonas xeográficas ben diferenciadas: A Estrada (Pontevedra) e O Pino (A Coruña), se ben aínda tendo esto en conta comprometémonos ó firme propósito de que se vostede non pode desprazarse ata un dos nosos despachos, somos nos os que nos desprazamos.
 
PREVENCIÓN:
    Somos conscientes do retraso que sofre a nosa Administración de Xustiza, é por elo polo que procuramos sempre a solución práctica máis eficiente para o cliente, posto que constitúe un dos principios rectores do despacho o de ir sempre na procura dunha solución amistosa e negociada nos asuntos que nos son confiados, aplicando a chamada avogacía preventiva, porque entendemos que os acordos son os que á postre ofrecen a mellor solución e deixan máis satisfeitas ás partes contendentes, dende o punto de vista de que todos sabemos que os pleitos son unha fonte de preocupación polo seu resultado incerto, a súa duración e o seu coste.
  No caso de que esa solución extraxudicial non sexa posible ou non resulte plenamente satisfactoria para o cliente, acudimos ós Tribunais de Xustiza, onde os defendemos coas máximas garantías, podendo elaborar no seu caso informes e dictames previos á vía xudicial, encamiñados a valorar a viabilidade da posible reclamación.
 
RELACIÓN DE CONFIANZA:
    Dende o noso despacho prestamos un asesoramento xurídico que está concebido para proporcionar ós nosos clientes unha asistencia estable e duradeira, entendendo que será maior a nosa eficacia canto máis estreita sexa a relación que se estableza co cliente, porque creando vínculos estables axúdase a lograr unha mellor resolución de cada un dos asuntos que se nos encomendan, dando así un servicio de alto nivel; é por elo que tratamos de manter con cada un deles relación sólidas e duradeiras basadas na confianza e na empatía mutuas.
    Para nos o máis importante é escoltar ó noso cliente, coñecer a fondo a súa situación, comprender as súas necesidades e propoñer solucións atendendo a esas necesidades para poder así facer efectivo o cumprimento en todo momento dos compromisos con él adquiridos. Porque o avogado está ó servicio do cliente, non  ó revés.
    A celeridade é un factor esencial nas relacións persoais e, sobre todo, comerciais, por elo é polo que asumimos os nosos asuntos co compromiso de realizalos con plena dedicación e coa máxima dilixencia para acadar unha resposta rápida e eficaz, sin dilacións indebidas, tendo como límites os esixidos para o logro dunha excelente calidade, o respeto á legalidade vixente e as nosas normas éticas e deontolóxicas, posto que a rapidez na resolución dos casos é unha prioridade no noso despacho, e intentamos sempre que as nosas respostas sexan concisas, áxiles e útiles, pero nunca descoidando a calidade.
 
OBTENCIÓN DE RESULTADOS:
    O noso despacho ten como propósito o superar as expectativas dos nosos clientes en cada caso que nos confían, é por elo que prestamos os nosos servicios estando convencidos de que acadar os obxetivos dos nosos clientes é o mellor camiño para valorar a nosa eficacia e aportación, considerándonos como un despacho que claramente se orienta ó resultado, que é o compromiso que adquirimos cos nosos clientes, porque un despacho non pode vivir alonxado da realidade imperante, na que un dos principios básicos que esixe o mercado é ofertar un balance positivo nos casos que nos confían os nosos clientes.
    Creemos que o coste dun traballo profesional debe encontrarse directa e proporcionalmente relacionado coa súa dimensión e calidade, de tal xeito que, unha vez finalizado, o cliente poida apreciar axeitadamente o alcance e trascendencia déste.
 
INFORMACIÓN Ó CLIENTE:
    Dentro da nosa filosofía e modo de traballo ofrecemos un compromiso de transparencia e profesionalidade, brindando unha completa información previa a tal actuación xudicial, tanto no referido ás probabilidades de éxito, como ó seu coste aproximado, e ofrecendo sempre a plena dispoñibilidade dos integrantes do despacho á hora de facilitar cumprida información sobre a evolución e o estado do seu litixio, as xestións que se están a realizar e todas as incidencias que nel acaezan, así como calqueira outro tipo de información que nos solicite, mediante un contacto fluído co noso cliente. Elo debido a que o noso traballo se orienta camiño á súa plena satisfacción, e porque entendemos que, ó noso xuicio, facelo partícipe do seguimento do proceso axuda ó cliente, que en definitiva é o principal interesado, á comprensión global do mesmo e a comprender o cómo e o porqué das vicisitudes que se vaian presentando ó longo do proceso xudicial.
    Ademáis, as tecnoloxías actuais permítennos un contacto case directo co cliente en calqueira momento, sen necesidade incluso de que éste se desplace á oficina, onde estamos, non obstante, para de forma gustosa atendelo se o desexa. Deste xeito, ten a posibilidade de obter no seu propio correo electrónico unha mensaxe que crea o noso propio programa, cada vez que exista calquera modificación no curso do seu caso.
    Asimesmo, informamos de maneira estricta ós nosos clientes de posibles relacións familiares, de amizade ou económicas coa parte contraria, ou de calquera tipo de situación que, dalgún xeito, poidan afectar á independencia do caso que nos teña encargado.
 
SEGREDO PROFESIONAL:
    Como idea central ó redor da que xira a nosa forma de traballo radica o máis escrupuloso respeto do deber de segredo, como depositarios que somos das confidencias que o cliente nos fai, debido á recíproca confianza inherente á relación que mantemos con tódolos nosos clientes, a cal se desenrola en todo termo de xeito estrictamente confidencial.
    Ademáis, a protección da intimidade persoal é a columna vertebral sobre a que se asenta a nosa política de datos persoais, polo que en ningún caso se cederán a terceiros  os datos persoais que nos sexan facilitados polos nosos clientes, coa única excepción dun requerimento da autoridade competente que, ademáis, se axuste á legalidade vixente en cada momento a á salvagarda do segredo profesional. Por todo elo, tódolos datos persoais que nos sexan facilitados serán protexidos segundo establece a lei, tratados de forma confiencial e incorporados a un ficheiro automatizado, rexistrado perante a Axencia de Protección de Datos, recabando previamente o seu consentemento para dito tratamento automatizado. Os titulares dos datos persoais aportados a dito ficheiro ou os seus representantes legais poderán exercitar en calquera momento os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición que a lei lles brinda, mediante o correspondente escrito dirixido a este despacho.
 
ÚLTIMA TECNOLOXÍA:
    Todos sabemos do desenrrolo que viñeron experimentando a tecnoloxía ofimática e os medios de mellorar de xeito moi sustancial las ferramentas de xestión máis tradicionais, en base ó cal Basanta & Tarrío Avogados aposta firmemente pola incorporación da tecnoloxía máis avanzada, gozando de recursos informáticos e multimedia de última xeración que nos permiten axilizar e incrementar a nosa eficiencia, debido ó consistente complemento ó traballo intelecual do avogado que elo supón.
Deste xeito, atopámonos en permanente e constante proceso de actualización profesional, toda vez que boa parte dos nosos recursos son adicados ó adecuamento inmediato de tódolos nosos medios ás novas tecnoloxías, referidas tanto á informática como ás telecomunicaicóns.
En consoancia con elo, ademáis da nosa sede física e os nosos números de telefóno, poñemos a disposición de calquera persoa que desexe poñerse en contacto con nós polo motivo que sexa unha dirección de correo electrónico que, como no resto do noso traballo, atendemos coa máxima adicación.
 
FORMACIÓN CONSTANTE:
    En Basanta & Tarrío Avogados mantémonos sempre moi atentos á realidade cambiante e ás súas evolucións, por moi pequenas que éstas resulten, porque unha das nosas obsesións é adaptarnos de xeito inmediato ás novas tendencias e cambios en materia legal e forense, co obxetivo de que os nosos clientes se beneficien deles, ó lograr maiores posibilidades de éxito na xestión dos seus asuntos.
    En consoancia con elo preocupámonos por un estudio e formación esmerado e constante, por elo a nosa organización se orienta a poder manter un elevado nivel de coñecemento xurídico, buscando a actualización e renovación constante dos nosos coñecementos, non deixando de asistir periódicamente a xornadas, cursos e seminarios de especialización de alto nivel e actualizándonos constantemente en canto ás novedades lexislativas e xurisprudenciais que se vaian producindo
 
TRABALLO EN EQUIPO:
    Se ben inicialmente de cada asunto se encarga o letrado ou letrada especialista na materia de que se trate, polo noso método de traballo éste é sometido en todo momento a unha análise conxunta por parte dos membros do despacho, amosándonos sempre partícipes para ofrecer a nosa opinión profesional. De igual xeito, cando a dificultade ou as circunstancias do caso ou do cliente así o requiran, seremos os membros do despacho no seu conxunto, así como os nosos colaboradores externos, os encargados de levar a cabo a dirección e a execución do asunto en cuestión de forma global e consensuada.
 
COLABORACIÓN CON OUTROS DESPACHOS:
    Co fin de brindar un mellor asesoramento ós nosos clientes naqueles campos de maior complexidade, ou naquelas zonas xeográficas onde non estamos presentes dunha forma máis directa, e a pesar de contar con dúas delegacións do noso Despacho ubicadas tanto en A Estrada como en O Pino, mantemos estreitas e recíprocas colaboracións con outros despachos, así como con profesionais de diversos sectores que complementan os servicios que oferta o noso despacho. Así, gozamos dunha importante presenza a través de acordos de colaboración con importantes despachos radicados en diversas cidades de Galicia, como Vilagarcía de Arousa, O Milladoiro e Santiago, entre outras, onde os despachos colaboradores con nós son numerosos.
Asimesmo, continuamos buscando o crecemento e a expansión do noso despacho tanto no relativo ó establecemento de novas delegacións en diferentes zonas xeográficas, como no que respecta á procura de novos convenios de colaboración recíproca con outros despachos de avogados situados no conxunto de toda a xeografía galega
Ademáis, en B & T Avogados participamos activamente na vida académica, contribuíndo á difusión e á ensinanza do Dereito mediante diversas colaboracións, destacando a permanente colaboración que vimos mantendo coa cadea Estrada Televisión en todo o concerniente ó asesoramento legal ó longo da programacón da cadea.
 
AUTONOMÍA PROFESIONAL:
    Co obxeto de poder ofrecer con absoluta liberdade os nosos servicios de asesoramento xurídico non podemos en ningún caso deixar de manter a nosa independencia e autonomía profesionais, non aceptando causas que resulten incompatibles ou que poidan afectar ó exercicio transparente da nosa profesión, polo que informamos en todo momento de tales extremos ós nosos clientes.
 
HONORARIOS:
    Unha proba do trato persoalizado que ofrecemos dende o noso despacho é que os honorarios se determinan particularmente en función da complexidade do asunto que o cliente nos encomenda, ou en función do tempo que éste nos requira, sempre de forma absolutamente asequible para os nosos clientes e respetando os honorarios fixados en orde ó estipulado na normativa do Consello da Avogacía Galega.
Realizamos o noso traballo coas tarifas máis económicas do mercado, non repercutindo en ningún caso honorarios por servicios supérfluos, innecesarios ou desproporcionados, atendendo á entidade do asunto, e ofrecendo ademáis facilidades de pago cando as circunstancias así o requiran. Ademáis, dispoñemos de tarifas especiais para colectivos e contratos de iguala para as empresas que asesoramos. Ditos contratos de iguala aseguran un servicio xurídico pleno, continuado e a baixo coste, mantendo sempre a máxima adicación e calidade.