Basanta &tarrio
Calidade:
    O noso principal obxetivo é prestar un servicio eficaz e especializado na atención absolutamente directa e persoalizada ó cliente, conforme ós máis esixentes e altos estándares de traballo basados na calidade do servicio persoalizado e o rigor xurídico-profesionais, porque nos gusta o noso traballo e a nosa principal motivación é o traballo ben feito.
    Por elo, o noso compromiso é realizar a nosa tarefa con plena adicación e coa maior dilixencia, estando plenamente convencidos de que para manter de xeito duradeiro e satisfactorio a colaboración coa nosa clientela e para gañar a confianza de novos clientes, os nosos servicios deben responder de modo contínuo ás máis altas esixencias da calidade, para que os nosos clientes se sintan dese xeito totalmente satisfeitos.
    Un dos principais valores do despacho radica na plena confianza que os clientes teñen na excelencia do asesoramento xurídico que reciben, o cal se basa no profundo e continuo estudio do Dereito e na creatividade e dinamismo das solucións xurídicas propostas para responder ás esixencias requeridas por tódalas situacións que os nosos clientes nos poidan plantexar, porque para nós cada asunto encomendado é o máis importante e cada problema debe ter a súa solución.