Basanta &tarrio
Benvido a Basanta & Tarrío Despacho de Avogados.
    Mediante a nosa páxina web, pretendemos achegalo á realidade que presenta o noso despacho, co propósito de que poida chegar a conocernos mellor e a avaliar a calidade dos servicios xurídicos que lle proporcionamos.
    B & T Avogados configúrase coma un despacho moderno e independente, formado por un equipo humano de xóvenes profesionais de alta e demostrada cualificación xurídica, caracterizados por unha grande vocación cara ó exercicio da avogacía e por unha intensa experiencia que nos permite brindar solucións que aportan valor engadido para tódolos nosos clientes, convertíndose os principios nos que nos fundamentamos en auténticos deberes para cos nosos clientes, e buscando sempre un impecable exercicio profesional.
    Sexa cal sexa o problema que vostede nos presente, no noso despacho encontrará ese apoio profesional e humano que necesita, a través dun equipo de avogados especializados nas diferentes ramas do Dereito, os cales co esixido rigor profesional lle ofrecerán o asesoramento legal e jurídico que resulte máis axeitado, buscando e atopando a solución máis eficaz a cada un dos supostos ós que nos enfrontamos, sempre co ánimo de previr e, no seu caso, solucionar os problemas que se plantexan no tráfico xurídico e económico.
    Definímonos coma un despacho de empresa, o que non significa que soamente asesoremos a empresas, senón que nós mesmos nos configuramos como unha empresa e nos xestionamos como tal, é por elo polo que entendemos perfectamente as prioridades de todos e cada un dos nosos clientes, tanto no mundo particular como empresarial.
 
 
 
 
 
 
 
    
A través da nosa páxina web, pretendemos acercarlle a realidade do noso bufete de avogados, co propósito de que poda conocernos mellor e evaluar a calidade dos  servicios xurídicos que lle ofrecemos.